Algunhas cousiñas sobre min

                   


Xa iba sendo tempo de presentarme e darlle unha marca persoal a este blogue, dado que o meu primeiro post data do 25 de Septembro de 2013.
Empezo por presentarme... chámome Lourdes Otero Rodríguez e supoño que non che será difícil adiviñar,  que son Orientadora no IES Xosé Neira Vilas en Perillo, moi preto de A Coruña. 

A miña andadura profesional podería describirse en tres grandes etapas evolutivas:
  • NENEZ OU INFANCIA: A miña primeira toma de contacto co mundo da Orientación foi no curso 1996/97 no IES "Elisa y Luis Villamil" de Vegadeo. A decir verdade, aí é cando te das conta, que un,  non nace aprendido porque por saber, non sabía nada. Tiña moitos coñecementos teóricos na cabeza, que se lles teño que poñer un numero para o exercicio profesional, atreveríame a dicir, que non chegan a un 10%. CANTOS AÑOS PERDIDOS ENCHENDO DE COUSAS A CABEZA, PODENDO ESTAR A PÉ DE OBRA NUN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CANDO UN ESTÁ NA UNIVERSIDADE FORMÁNDOSE. Ese mesmo ano aprobei as oposicións, así que son da primeira fornada de orientadores de Galicia porque ata ese ano, nunca houbera probas selectivas. Despois estiven no IES Palas de Rei, na provincia de Lugo o seguinte curso, sendo funcionaria en prácticas. Tamén quedaron ben atrás, os dous anos que estiven no IES Virxen do Mar en Noia. Pódese dicir que ata este centro, non  só era que os demáis me considerase "paquistaní",  é que eu mesma non sabía moi ben o que a miña profesión me encomendaba. O marco legal acababa tamén de sair do forno e os materiais de orientación para desenvolver a práctica profesional non eran moi abundantes. Foi no último centro nombrado, donde a retroalimentación que me proporcionaba a experiencia do día a día, axudábame a introducir elementos de mellora e por conseguinte o paso,  a seguinte etapa profesional.
  • ADOLESCENCIA: Corresponde ó IES Isidro Parga Pondal en Carballo ó longo dos 14 cursos que alí estiven. Eses anos tiveron un sabor agridulce. Metafóricamente, sería como unha mazá que cando está verde, aínda ten ese sabor agrio e que corresponde a eses primeiros anos, donde segue ese proceso gradual e continuo de aprendizaxe e formación,  ata acadar a maduración. Neste centro foi donde tiven ocasión de aprender e disfrutar dese traballo en equipo, ese aprendizaxe colaborativo, formando parte do equipo de convivencia e mediación. Sen dúbida, marcou un punto de inflexión, na miña andadura profesional, habendo un antes e un despois... a mazá xa vai estando máis madura, sabe máis dulce, mais conserva, por veces ese saber amargo, propio da froita que vai empezando a ter esa cor,  que precisa daquelas máis maduras para acelerar o proceso. 
  • XUVENTUDE E INICIO DE IDADE ADULTA: Sobra dicir, que esto tócalle ó centro no que traballo na actualidade e que xa mencionei máis arriba. 

3 comentarios:

  1. acaba de entregarme o neno un formulario para entregar antes do dia 9 de xuño en teño algunas dudas: 1.) Alternativas de relixión: non sei si en 3º da Eso existe a opción de Historia e Cultura das relixions ??¿¿ 2.) das Optativas ¿cantas teño que escoller? 1,2,3 ........¿¿?? e das catro que se citan ¿se imparten todas no centro? . Se me facilitasen un tfno. de contacto chamaria a hora que se me dixese. Gracias e Saúdos,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desculpa o retraso en contestarche. Acabo agora mesmo de ver a mensaxe. Respostas:
      1. A alternativa de Relixión impártese se hai número suficiente de alumnos para formar grupo
      2. É posible que leve a confusión pero aconséllase enumerar do 1 ó 3 aínda que só se adxudica UNHA. A razón de que poñan varias por orde de preferencia é que hay que ter un número suficiente de alumnos para poder impartila igual que ocurre no caso de Histora e Cultura de Relixións

      3. Das catro que se citan no bloque das troncais depende de como escollan para o próximo curso. Por se che sirve de referencia noutra entrada deste mesmo blog aparece como foron as eleccións no presente curso. http://orientateenperillo.blogspot.com.es/search/label/Orientaci%C3%B3n%20Vocacional
      Para calquer aclaración podes chamarme ó teléfono do Instituto en horario de mañán.
      Saúdos. Lourdes

      Eliminar
    2. A ligazón anterior é incorrecta. A información aparece nesta outra:

      http://orientateenperillo.blogspot.com/2014/02/blog-post_24.html?spref=tw

      Eliminar