viernes, 6 de octubre de 2017

EMPEZANDO O CURSO

Esta presentación contén aquela información que nos parece máis relevante con motivo do inicio de curso. Son cuestións básicas que as familias deberían coñecer sobre:
  • Organización:horarios de entrevistas co titor/a, funcionamento e normativa do centro, criterios de promoción, avaliacións, calendario.
  • Suxerencias de colaboración e participación dos pais no centro e no desenvolvemento académico dos alumnos.
  • Outras cuestións de interese.
Aproveito tamén, para lembrar outras características específicas da etapa, segundo os distintos cursos e outras máis xerais


FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Recordar que aumenta o número de materias con respecto á Educación Primaria, sendo estas:

Educación Plástica e Visual
Investigación e Tratamento da Información/Programación
Francés
Unha hora semanal de Titoría

    É IMPORTANTE saber que a exención de Francés dedícese por lei no centro de secundaria, cando comezan as clases e tras revisar os seus expedientes e segundo os informes de Primaria.
    Aumenta o número de profesores que imparten clase: un profesor por materia.

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO 
    As materias novas en 2º curso son:
    Física e Química
    Tecnología
    Música
    Oratoria/Educación Financieira

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO: 
    As materias optativas son: Religión e Cultura Clásica. 
    Diferéncianse dous tipos de Matemáticas. As que están orientadas ás ensinanzas académicas e aplicadas. Esta elección non é vinculante para 4º de ESO


    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
    Destacar a importancia de acadar o título de ESO e do cerca que están para elo. Se a situación continúa a ser como o curso pasado independentemente do itinerario cursado en 4º ( académico ou aplicado)  poderán escoller bacharelato ou FP. 

    SECCIÓN BILINGÜE E PLAN PLURILINGÜE

    Como xa comprobastes, no noso centro impártese unha sección bilingüe en Física e Química e temos un Plan Plurilingüe na materia de Ciencias Sociais en Francés. Aínda que no documento de matrícula existe a posibilidade de solicitalo, non é acosellable para todo aquel alumnado que ten dificultades nas linguas ou que esté a recibir algunha medida de atención á diversidade.

    PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES
    Lembrar a existencia do plan de  recuperación de pendentes no curso seguinte: exames parciais e finais, boletíns de traballo, atención personalizada en reunións cos xefes do departamento, materias de avaliación continua.


    MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    Dentro das medidas de atención á diversidade, a lexislación contempla a posibilidade de cursar  en 2º ou 3º de ESO un Programa de Mellora do Aprendizaxe e Rendemento Académico. Para poder impartirse require que haxa un número determinado de alumnos proposto polos equipos educativos. Aínda que sí houbo algunha proposta, non houbo alumnado suficiente para formar grupo. Outra das medidas que recolle a normativa son os agrupamentos específicos que iniciamos o ano pasado e seguimos a continuar no presente curso.


    SABER DETECTAR O ACOSO ESCOLAR
    O Colexio Oficial de Psicólogos elaborou unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Dentro da comunidade educativa as familias son  as máis vulnerables. Moitas veces non saben que facer e/ou a quen dirixirse ante esta problemática. Téndese a pensar ás veces  que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas. 

    miércoles, 4 de octubre de 2017

    APRENDENDO A MEDIAR


    Como se aprende a mediar? Pois, como todo nesta vida, a base de práctica. Esta foi a consigna, que o equipo de convivencia e mediación, lle deu ós formadores que impartiron este Obradoiro. 

    Asistiron un total de 20 alumnos que xa tiñan coñecementos neste tema, é dicir, xa en cursos pasados,  recibiran formación teórico-práctica. A realización do cursiño rematou a semana pasada. Tivo unha duración de 12 horas. 

    Traballaronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas. Esta cuestión é de relevancia, porque axuda a tomar conciencia de que os conflitos forman parte das nosas vidas diarias e ante eles debemos de adoptar un enfoque restaurativo, que axuda a reestablecer as relacións que estaban deterioradas. Tamén axuda a crear sentimento de grupo, entre os alumnos que asistiron,  chegando a facer propostas, sumamente interesantes para facer máis visible a mediación na vida do centro, se ben é certo,  que a mediación como ferramenta de resolución pacífica, leva xa varios anos implementada no Instituto. 







    martes, 3 de octubre de 2017

    QUERO ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO


    Se eres dos que che gusta vivir novas experiencias, esta é unha gran ocasión para probar sorte e inscribirte nas becas que anualmente convoca a Fundación Amancio Ortega. Os países acolledores son Estados Unidos e Canadá. Son un total de 80 becas para a nosa Comunidade Autónoma. Mira esta presentación interactiva para saber como tes que facer...

    sábado, 30 de septiembre de 2017

    ACI-PROGRÁMAME


    Oscar Abilleira , na súa páxina recursoseducativos.net,  ten varias aplicacións para axuda dos docentes e tamén para o colectivo de orientadores. De seguro, que trata avaliación inicial,  se toman medidas como a de elaborar Adaptacións Curriculares Significativas para determinados alumnos. Polo tanto, ésta é unha ferramenta, da cal podemos votar man, é o que é máis importante, aforrar tempo que sempre é escaso, para todas as labores que temos encomendadas.

    sábado, 16 de septiembre de 2017

    CAMPAÑA PREVENTIVA PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA NOS CENTROS

    Xa temos ó noso dispor a información relativa e como solicitar as charlas informativas que dende fai algúns anos, pon en marcha a Alta Inspección de Educación en colaboración co Ministerio do Interior, para aprender a convivir nos espazos nos que nos relacionamos e tamén no ciberespacio.

    domingo, 10 de septiembre de 2017

    MÁIS BECAS PARA ESTUDAR FP


    Se vas estudar un ciclo de grao medio ou superior nas ramas profesionais que aparecen nesta presentación interactiva, en algún centro de A Coruña e Arteixo, debes de darlle ó rato para saber máis. Adiántoche un dato IMPORTANTE!!!: non é incompatible coa solicitude doutas axudas, como pode ser a beca do MEC.

    jueves, 7 de septiembre de 2017

    ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR!!!!!


    Se estabas pendente por saber como che foi nos exames de setembro e tes claro que queres probar sorte nun ciclo formativo de grao medio ou superior, ésto é o que precisas saber. DALLE Ó RATO AXIÑA QUE MAÑÁN MESMO REMATA O PRAZO.

    miércoles, 6 de septiembre de 2017

    ESTAMOS EN PRAZO PARA SOLICITAR UN CICLO DE FP BÁSICA


    Se estás pensando en facer un ciclo de Formación Profesional Básico, e agora o tempo de solicitalo. Non esquezas que dende aquí tamén podes chegar á universidade se lle pós ganas. Olla este presentación interactiva para saber qué tes que facer,  e se aínda tes dúbidas,  ven axiña a Orientación que o tempo corre...

    lunes, 28 de agosto de 2017

    OCUPACIÓNS LABORAIS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS

    Que podo descubrir con este panel interactivo?

    • Postos de traballo das familias profesionais
    • Aptitudes que preciso
    • Estudos de FP que teño que facer para cada ocupación
    • Onde podo cursar estes estudos
    • Datos de inserción laboral ( actualizados a Xuño de 2017 )
    E como sempre, non te esquezas de pasar o rato,  para acceder ás ligazóns

    lunes, 21 de agosto de 2017

    BECAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

    BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO


    1. Destinatarios

    • Alumnos afectados por TDAH que requiran apoios e atencións educativas específicas.
    • Alumnos que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta para familias numerosas
    • Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo asociados a altas capacidades

    2. Documentación

    Para o alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta  deberán acreditar:

    • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais
    • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou departamento de orientación
    • Certificado de discapacidade
    Para o alumnado con reeducación pedagóxica da linguaxe, ademáis da mencionada, deberá presentar: 
    • Certificación expedida polo inspector de zona na que se acredite a necesidade de recibir estes tratamentos pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro e a inviabilidade de matriculación do alumno nun centro no que dispoña do servicio.
    • Informe específico do equipo de orientación específico ou departamento de orientación no que se detalle o número de horas semanais para a súa corrección. 
    • Memoria expedida polo centro reeducador que preste os servizos. 
    Para o alumnado con altas capacidades intelectuais

    • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou departamento de orientación
    • Memoria expedida polo centro reeducador 
    3. Prazo de presentación

    Desde o 13 de Agosto de 2017 ata o 28 de Septiembre de 2017

    4. Presentación da solicitudes

    Acceso ó servizo online

    AXUDAS E CUANTÍAS
    Enseñanza

    Ata 862 Euros
    Transporte Interurbano
    Ata 617 Euros

    Comedor Escolar
    Ata 574 Euros

    Residencia Escolar
    Ata 1. 795 Euros

    Transporte fin de semana
    Ata 442 Euros

    Transporte urbano
    Ata 308 Euros

    Libros e material didáctico
    Ata 105 Euros: EP, ESO, FPB
    Resto de niveis postobligatorios: 204 Euros


    Reeducación logopédica e da linguaxe
    Ata 913 Euros

    Alumnos con  altas capacidades
    Ata 913 Euros


    UMBRAIS DE RENTA
    Familias dun membro

    11.937 Euros
    Familias de dous membros
    19.444 Euros
    Familias de tres membros
    25. 534 Euros
    Familias de catro membros
    30. 287 Euros
    Familias de cinco membros
    43. 370 Euros
    Familias de seis membros
    38. 313 Euros
    Familias de sete membros
    42. 041 Euros

    Familias de oito membros
    45. 744 Euros



    Para ampliar información:

    Acceso ó texto da convocatoria
    Páxina do Ministerio de Educación


    lunes, 3 de julio de 2017

    AMPLÍANSE AS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN NA ESO


    A Consellería de Educación amplía a oferta das materias de libre configuración para cursar en 1º e 2º da Educación Secundaria Obrigatoria. A carga lectiva é de unha hora semanal e só se poden cursar nun dos dous cursos. 
    No seguinte coleccionable podes descargar os curriculums de todas as materias de catágo, publicadas ata agora:
    • Identidade dixital 
    • Consumo responsable 
    • Valores democráticos europeos 
    • Mobilidade escolar sostible e segura 
    • Obradoiro de Música ( só se oferta en 1º de ESO )
    • Igualdade de xénero
    • Educación financieira
    • Investigación e tratamento da información
    • Oratoria
    • Paisaxe e sustentabilidade
    • Programación
    • Promoción de estilos de vida saudables
    • Xadrez

    Hecho con Padlet

    Tamén podes acceder a normativa que regula o currículo nas seguintes ligazóns:

    martes, 20 de junio de 2017

    CAMBIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS/CONTINUIDADE DOS MESMO NOUTRA UNIVERSIDADE


    Os estudantes con estudos universitarios iniciados e non rematados poden solicitar:

    • Facer outros estudos distintos.
    • Continuar os mesmos noutra universidade distinta
    Precisas ter 30 créditos aprobados na universidade de orixe para poder solicitar un cambio de expediente.

    Cada universidade establece o número de prazas reservadas para traslado e tamén o seu procedemento. 

    No seguinte taboleiro tes información en relación a este tema, nas tres universidades galegas.

    NOTAS ACLARATORIAS: 

    • O número de prazas establecido pola Universidade de Santiago está pendente de actualizarse na USC.
    • O traslado de espediente na USC só é posible para continuar os mesmo estudos, non permiten o cambio dun grao a outro. 
    • A Universidade de A Coruña establece un porcentaxe máximo dun 20% para cada titulación, no que se terá en conta o expediente académico ( aparece destacado no documento do taboleiro ). SE PRECISAS SABER O NÚMERO DE PRAZAS, TES QUE CONSULTAR A PÁXINA WEB DE CADA FACULTADE, XA QUE NON DISPOÑEN DA INFORMACIÓN NOS LERD DA UNIVERSIDADE.


    Hecho con Padlet

    PREINSCRIPCIÓN EN UNIVERSIDADES DE FÓRA DE GALICIA



    • Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de distrito. Para facer este trámite terás que ir ó LERD que che corresponda coa seguinte documentación:
           - Fotocopia do DNI
           - Tarxeta de cualificación das PAU
           - Carta de admisión da Universidade donde estás admitido.

    Deste xeito aboando unhas tasas daranche unha xustificación para presentar no distrito donde efectúes a matrícula.


    jueves, 15 de junio de 2017

    OS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN SUMAN


    Para cantos graos universitarios pondera cada unha das materias de 2º Bacharelato? Esta conta pódela ver nos gráficos que xunto. É un enfoque que me parece oportuno facer, cando estou nas aulas co alumnado.  Imos velo con algúns exemplos:

    Rama de coñecemento Artes e Humanidades
    • Debuxo Técnico, Deseño e Economía da Empresa e Matemáticas aplicadas ás CCSS  só pondera en 3, 5, 6 e 5  graos universitarios respectivamente
    • Sen embargo, Artes Escénicas, Cultura Audiovisual, Fundamentos da Arte, Historia da Arte e algunha materia máis que podes ver nas táboas, ponderan para un total de 19 graos que se poden cursar na nosa Comunidade Autónoma.
    Rama de Enxeñaría e Arquitectura
    • Bioloxía, Deseño, e Xeoloxía son as materias que ponderan en menos carreiras
    • Polo contrario, Debuxo Técnico, Eonomía, Física, Matemáticas e Química son as que teñen máis peso.
    É importante facerlle ver ó alumnado de que, aínda que a Economía é materia específica da modalidade de Ciencias Socias é importante para os graos desta rama.

    Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas
    • É salientable que materias máis propias de Ciencias como a Bioloxía e Química, aínda que só ponderan en 4 e 5 graos respectivamente, se algún alumno quere cursar un grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou algunha carreira das Ciencias da Eduación, son aconsellables. Tanto é así que ponderan con 0,2. 
    • O Latín e o Grego, ponderan para as 23 carreiras desta rama. Pero se te fixas nas táboas verás que o Latín pondera con 0,2 ( destacado en cor amarelo ) en máis graos que Grego. 
    E tí.... a que conclusións chegas? Que outros exemplos suliñarías ti? Anímate a deixar algún comentario ou observación que sexa de interese, despois de albiscar as tábas, que aparecen máis abaixo.  

    É posible que lles axude a ver,  un pouco mellor, o peso que teñen por ramas de coñecemento. Pensa que pode ser útil para cando as eleccións aínda non están moi maduras e polo tanto deben de facelo en bloque, para máis adiante ir acotando o que
    queren. 

    ACCEO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS


    Clica nesta presentación interactiva para saber como accedo a estes estudos que pertencen ás ensinanzas de réxime especial


    martes, 13 de junio de 2017

    XA LOGO TEÑO QUE PASAR A 3º DE ESO



    Deseguida estarás en 3º de ESO! Aquí che deixo o máis importante que debes de coñecer, de cara o novo curso,  que empezarás en setembro:

    • Características da Educación Secundaria Obligatoria
    • Criterios de promoción 
    • Organización das materias en 3º de ESO
    • Documento de elección das materias de 3º e 4º de ESO para formalizar a matrícula
    • Criterios para a obtención do título da ESO
    • Diversas opcións para acadar o título e outras alternativas
    • A Formación Profesional
    • O Bacharelato
    • As ensinanzas de réxime especial
    • Contidos dalgunhas materias de 3º de ESO

    lunes, 12 de junio de 2017

    NOVOS CICLOS FORMATIVOS SUPERIORES NA MODALIDADE DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

    1. Que é a Formación Profesional Dual?

    Trátase dunha formación combinada entre o centro educativo e unha empresa, sendo ésta quen facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. O alumnado podería percibir algún tipo de remuneración.

    2. Que duración ten?

    Ten a mesma duración co resto dos ciclos: dous cursos académicos

    3. Nova oferta na nosa contorna educativa

    •  CS de Química Industrial no IES A Sardiñeira. Teñen dous convenios: un deles coa "Empresa Repsol" con 18 prazas e o outro con "Estrella Galicia" con 12  prazas.
    • CS de Mecatrónica no IES Universidade Laboral. Teñen un convenio en colaboración coa empresa Hijos de Rivera S.L. ( Estrella Galicia )
    4. Prazo de presentación

    Desde o 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de Xuño de 2017.
    Velaquí tes os folletos con toda a información e máis abaixo a oferta para o curso 2017/18 para toda Galicia



    LIGAZÓNS:
    A FP Dual en Galicia
    Admisión na FP Dual 
    Convenios FP Dual 

    A CONSELLERÍA PUBLICA AS CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO


    O Venres, 9 de Xuño, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publica a Resolución pola que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

    Requerimentos para a obtención do título
    • Ter avaliación positiva en todas as materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Matemáticas. A estos efectos:
    • As materias con idéntica denominación en diferentes cursos considéranse como materias distintas
    Sen prexuizo do anterior, para obter  o título será preciso que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as cometencias correspondentes.

    Cualificación da etapa

    •  A media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa, expresada nunha escala de 1 a 10 con dúas cifras decimáis, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior. A estes efectos, a situación de NP na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na proba ordinaria.
    • O alumnado que, despois da avaliación ordinaria do mes de xuño do cuarto curso, obtivera unha nota media da etapa igual ou superior a 9, poderlá obter a distinción de Matrícula de Honra. Esta distinción concederase a un número non superior ao 5%, ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso.
    • En todo caso, esta distinción adoptarase conforme aos criterios previamente acordados e establecidos na Comisión de Coordinación Pedagóxica e consignarase nos documentos de avaliación mediante unha dilixencia específica.
    • Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave. Os resultados reflectiranse no consello orientador, expresándose nos termos de: Insuficiente ( IN ), para as cualifiacións negativas, e Suficiente ( SU ), Ben ( BE ), Notable ( NT ) ou Sobresaliente ( SB ), para as cualificacións positivas.
    • No caso do alumnado que finalice a etapa despois de cursar un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento, o cálculo da cualificación final farase sen ter en conta as cualificacións obtidas nas materias que no superase antes da data da súa incorporación ao programa, cando ditas materias estivesen incluídas nalgún dos ámbitos previstos no RD polo que se establece o currículo básico da ESO e do Bacharelato, e o alumno superase o devandito ámbito.
    Opcións co título de Graduado en Educación Secundaria

    • Os títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirán acceder indistintamente a calquera das ensinzanzas postobligatorias recollidas na LOMCE e aclarado un RD publicado o 2 de xuño ( publicado neste post ).
    • Os alumnos e as alumnas que obteñan un título de Formación Profesional Básica poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente consider que teñen acadados os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria e adquiridas as competencias correspondentes. Nestes casos, a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns regulados na LOMCE.
    Consello orientador

    • Ao final de cada curso da ESO entregaráselles ao pais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta a pais, nais ou titores legais ou, de ser o caso, ao alumno, do itinerario máis adecuado para seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta. De considerar necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación aos pais e , de ser o caso, ao alumno sobre a incorporación a un programa de mellora de aprendizaxe e do rendemento, ou a un ciclo de formación profesional básica.
    • Este consello orientador elaborarao o profesorado titor, logo da información recollida na sesión de avaliación final e co asesoramento do Departamento de Orientación. Levará a sinatura do profesorado titor, do xefe do Departamento de Orientación e o visto e prace da dirección do centro docente. O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
    Ligazóns

    domingo, 11 de junio de 2017

    PROCEDEMENTO PARA O ACCESO ÓS CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO


    Clica na presentación interactiva para ver o procedemento

    viernes, 9 de junio de 2017

    EN SETEMBRO XA VAMOS PARA O INSTITUTO


    Hoxe como cada ano, tivemos as xornadas de acollida do alumnado de 6º, que deseguida empezan unha nova etapa no IES. A máquina do tempo non para! Fai coma quen dí nada,  empezabas no cole e agora dentro de dous meses e pouquiño... xa tes que vir para o Instituto. BENVIDO ó IES Plurilingüe Neira Vilas!!! 

    Como non deu tempo a tratar todos os temas, por mor do tempo. Aquí estan todos os puntos que me parecen os máis importantes para asomarte á fiestra do noso centro, para escudriñar que facemos. Tamén che recomendo consultar a páxina do Instituto. Alí atoparás cachiños de cousas que amosan a vida académica . Resúmoche o que vas atopar nesta presentación:

    • Unha esquema  do percorrido académico que terás que facer para ter unha formación
    • Que é a Educación Secundaria Obrigatoria e como se estructura
    • Materias de 1º de ESO e o documento de matrícula
    • Horario de clases
    • Unha breve explicación das materias de libre configuración
    • Cualifiación das materias
    • Criterios de promoción ó seguinte curso
    • Un video breve no que inteveñen varios alumnos, explicando como foi o seu período de adaptación
    • Saídas escolares en 1º de ESO
    • Hora de ler
    • Consellos prácticos para empezar a Secundaria
    • Plan Plurilingüe  en Ciencias Sociais e Sección Bilingüe en Física-Química
    • Bachibac: Titulación en Bacharelato Español e Francés
    • Equipo de Mediación

    sábado, 3 de junio de 2017

    DENDE Ó BACHARELATO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


    Se a túa idea é facer un ciclo superior despois de rematar o bacharelto, mira este taboleiro para ver que modalidades e materias son as axeitadas para cada un deles. 
    Hecho con Padlet
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...