lunes, 12 de septiembre de 2016

QUE PASARÁ COAS REVÁLIDAS?



A dicir verdade, xa fai tempo que tiña este post como borrador e non me atrevín a publicalo ata agora, porque as novas que van saíndo fan que o que se sabe,  e que está en normativa, pode que non sexa de aplicación. Esta é a situación na que estamos dende que o panorama político é o que é, tendo que nadar entre dúas augas. 

O que aparece redactado máis abaixo está tomado da lexislalción vixente, á risco de que como dicía antes, quen sabe se ó mellor chegado fináis de curso, xa sexa doutra maneira e máis, despois de ler o titular do xornal do día de hoxe, na Voz de Galicia, no que o noso conselleiro, pedirá o goberno central que as reválidas teñan únicamente carácter informativo.


Aclarado esto, o máis salientado do último pubricado en Real Decreto polo ministerio de Educación, no relativo ás reválidas, en cuarto de  Educación Secundaria Obrigatoria e en 2º de Bacharelato é:  


A) CONDICIÓNS XERAIS

DURACIÓN DAS PROBAS E TIPOS DE PREGUNTAS

  • As avaliacións finais ( reválidas) da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato terán unha duración dun máximo de catro días. Aquelas Administracións educativas con lengua cooficial poderá establecer unha duración dun máximo de cinco días ( como é o caso da nosa comunidade). 
  • Cada unha das probas da avaliación final da Educación Secundaria Obrigatoria terá unha duración de 60 minutos, establecéndose un descanso mínimo de 15 minutos entre sesión e sesión.
  • Os tempos de descanso non poderán ser empregados para ampliar o tempo de realización das probas polo alumnos que presentan necesidades específicas de apoio educativo
  • Cada proba comprenderá un número máximo de 15 preguntas ou items.
  • Cada unha das probas terá preguntas abertas e semiabertas

















ENQUISAS DE CONTEXTO

Poderán ser de dous tipos:
  • Enquisas dirixidas ó alumnado que realice a avaliación
  • Enquisas dirixidas ás familias 
  • Enquisa dirixida ó profesorado titor
  • Enquisa dirixida a dirección do centro


CONVOCATORIAS E CALENDARIO ESCOLAR

  • Anualmente haberá dúas convocatorias: unha ordinaria e outra extraordinaria
  • Os días adicados ás avaliacións finais de etapa, incluiranse no cómputo anual dos días lectivos do calendario escolar
  • O alumno que o desexe poderá facer a avaliación final por calquera das diferentes opcións da ESO,  as diferentes modalidades do Bacharelato e por máis dunha delas na mesma convocatoria. 
  • Poderáse repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, tanto para superala como ter mellor cualificación, non sendo necesario avaliarse de novo das materias superadas, a menos que se desexe elevar a cualificación final. Para a superación dunha materia, o alumno deberá de acadar unha nota de 5 puntos sobre 10.









PROBAS ADAPTADAS PARA ALUMOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO 
EDUCATIVO

  • En funcións das necesidades, poderán adoptarse medidas tales como a adaptación dos tempos, utilización de formatos especiais e a posta a disposición do alumnado dos medios materiais e humanos, así como apoios e axudas técnicas.
  • O departamento de orientación realizará un informe por cada alumno que será tido en conta para establecer as adaptacións que proceda.

CALIFICACIÓNS DAS PROBAS

  • O resultado da avaliación final expresaráse mediante unha calificación númérica de un a dez puntos na ESO e de cero a dez puntos con dous decimais no Bacharelato e será a media aritmética das cualificacións acadas en todas as materias obxecto de avaliación.
  • O resultado da avaliación final da etapa comunicarase ós pais, nais e titores legais do alumno, así como o equipo directivo do centro docente para poder valorar os resultados e identificar as causas dos mesmos, propostas de reforzo e outras medidas.

B) AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

MATERIAS OBXECTO DE EXAME

  • Todas as materias cursadas durante a ESO do bloque de materias troncais, agás Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, das que o alumno será avaliado se as escolle entre as materias de opción
  • Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en cuarto curso, á elección do alumnado.
  • Unha materia do bloque de materias específicas, cursada en calqueira dos cursos, que non sexa Educación Física, Relixión, ou valores éticos, á elección do alumnado.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  • Alumnado que acadase ou ben avaliación positiva en todas as materias da etapa, ou negativa nun máximo de dúas que non sexan simultáneamente Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, tendo a mesma consideración a Lingua Cooficial e Literatura.

OBTENCIÓN DO TÍTULO

Para acadar o título será necesario ter unha cualificación final de igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que será calculada coa seguinte ponderación:
  • Cun peso dun 70% da media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na ESO
  • Cun peso dun 30% da cualificación acadada na avaliación final, que deberá de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10

C) AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO

MATERIAS OBXECTO DE EXAME

  • Todas as materias xerais cursadas nos dous cursos de Bacharelato no bloque de materias troncais. No caso de materias que impliquen continuidade, só se terá en conta a materia de segundo curso.
  • Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos dous cursos, á elección do alumnado. As materias que impliquen continuidade só se terán en conta como unha materia e só se terá en conta a cursada no segundo curso.
  • Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos dous cursos que non sexa a Educación Física nen Relixión, á elección do alumando.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO

Alumando que acadase avaliación positiva en todas as materias.
Para acadar o título de Bachiller será necesario superar a avaliación final de Bacharelato cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que se deducirá da seguinte ponderación:
  • Cun peso do 60% da media aritmética das cualificacións numéricas acadadas en cada unha das materias cursadas no Bacharelato
  • Cun peso do 40% da nota obtida na avaliación final do Bacharelato.


Esta información está no seguinte Real Decreto: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada