viernes, 20 de abril de 2018

GRAO EN ARQUITECTURA TÉCNICA E DOBLE GRAO CON CIENCIAS EMPRESARIAIS

Na presentación destes estudos aparecen varios aspectos, sendo algúns deles os que se recollen a continuación:
1. Presencia da edificación dentro das actividades dos seres humanos.
2. Salidas profesionais.
3. Expectativas do desempeño profesional nesta titulación.
4. Prácticas externas e extracurriculares.
5. Instalacións e equipamento.


miércoles, 11 de abril de 2018

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE TODAS AS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE ESPAÑA


Coñecer os parámetros de ponderación de todas as universidades públicas de España é importante por varias razóns:

  1. As materias de bacharelato poden ponderar de maneira diferente para un mesmo grao universitario dependendo da Comunidade Autónoma, tal e como explica Monica Diz no seu blog
  2. Se tes idea de facer algún grao que non forma parte da oferta de Galicia tamén é un xeito de coñecer en que universidade se imparte e como ponderan as materias.
O blog Orientanel fixo un rastreo de estas táboas de ponderación e que eu aproveitei para facer este taboleiro. 


Hecho con Padlet

viernes, 6 de abril de 2018

COMO É A PROBA EXTERNA PARA TER O TÍTULO DE BACHARELATO ESPAÑOL E FRANCÉS

As bases da resolución pola que se convoca a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat para o presente curso, aparecen resumidas na seguinte presentación.

lunes, 2 de abril de 2018

martes, 20 de marzo de 2018

PROBAS FÍSICAS PARA Ó ACCESO O GRAO DE CIENCIAS DA ACITIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

Accede á información premendo co rato nos distintos apartados. Ten en conta que a superación destas probas, mantense ata o curso 2020-2021 incluído este.

jueves, 15 de marzo de 2018

AS CONVERSAS EDUCATIVAS "TED" NO IES NEIRA VILAS

Combinando (Tecnoloxía+entretemento+deseño) temos as conversas TED que tratando de buscarlle outro significado, tamén poderíamos ter ( Tecnoloxía+Educación+Diversión). De todo esto vos conto agora, pero empezo polo principio.
Xa falei noutro artigo, que no noso centro, estamos a traballar este curso o proxecto de " A Paisaxe".É o equipo da biblioteca quen se encarga de dinamizalo, propoñendo para este segundo trimestre, algo innovador tanto polo seu formato como polo feito de que supuxo un traballo colaborativo. Varios profesores e eu mesma demos unha clase TED cos dous grupos de 3º de ESO, seguindo o formato destas charlas. Como seguramente xa sabedes, son exposicións TED de corta duración. No noso caso procuramos axustalas a un máximo de 10 minutos. As temáticas foron as seguintes: 
  • Introducción
  • Paisaxes musicais
  • A paisaxe máis pequena
  • Paisaxe cerebral das intelixencias múltiples
  • A paisaxe interior
  • Medir edificios con google maps/ feismo arquitectónico
  • Busca de lugares en mapas e ortofotos na contorna de Perillo
  • Paisaxes a través da metereoloxía
  • Dereitos ecolóxicos
  • Paisaxe e poesía: os territorios da lírica
Eu fun a resposable da charla sobre "a apaixoante paisaxe cerebral  das intelixencias múltiples". Aquí tedes a presentación que seguín para ter esa conversa educativa.

O resto de presentacións están recollidas na ligazón á páxina web do meu Instituto, que vos adxunto:
https://iesneiravilas.es/2018/03/neirated/

sábado, 10 de marzo de 2018

XXVI XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (CONCELLO A CORUÑA) 

"Coruña Orienta" leva organizando dende fai nada máis e nada menos 26 anos, estas xornadas anuais. Ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

As Xornadas divídense nas seguintes actividades:

  • Unha semana de presentación de estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas mediante a organización de diversas mesas informativas. Nesta semana tamén se presentan outro estudos profesionais como son os de policía e forzas armadas.
  • Unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos.
  • A presentación dos Estudos Superiores de Deseño e Arte Dramático.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...