sábado, 18 de febrero de 2017

ESCRITO A  POST-A 


Moitos de nós, grazas a revolución da web 2.0 atopamos un xeito de amosar o que facemos no día a día nos nosos centros, de expresar o que sentimos, de contarlle ó mundo enteiro o que pensamos, de poñer en palabras aquelas experiencias que nos gratifican e tamén,  porqué non,  de manifestar o noso malestar ou cabreo, de berrar ben alto, para ver se así, grazas ó eco-eco das redes sociais, eses alto falantes, lles poida chegar o que aquí quero dicir, ós nosos mandamáis.  

Como moitos de vós sabedes, no día de onte, houbo outra folga para derogar a LOMCE. Seguramente vos dades conta, de que non son devota desta lei por non decir que me dá noxo, pero se a estas alturas temos que rediseñar a organización do ensino, menuda feira... 

Escoitei ou lin, que os nosos xerifaltes, andan a debatir sobre o tan desexado pacto social para unha lei educativa, que sexa para moito tempo, que sexa transformadora, que responda ás necesidades sociais do século XXI... Serán capaces de entenderse? Deixarán de lado os seus intereses partidistas para chegar a un consenso? Daranse conta de que teñen que elborar unha lei, na que todas as alumnas e alumnos teñan cabida?  que sexa inclusiva e non segregadora?, que sexa capaz de dar unha resposta educativa a todos eles? , que non se perdan talentos e potencialidades de tantos alumnos que abandonan ó noso sistema educativo e que poderían ser esenciais para esas futuras profesións, que aínda están por inventar....?

Como dicía máis arriba a web 2.0... bueno agora debemos de ir por unha versión máis... 3.0 ou que sei eu... supuxo unha eclosión ( entre outras cousas ) de blogues de moitos profesionais que traballamos no eido educativo. Para min persoalmente foi algo máxico, por moitas razóns, pero se teño que destacar algunha, sería albiscar o que outros fan, facer o que outros fan, sendo un aprendiz en prácticas que aínda se está formando, aprendendo deses "profesores pico"...

Se escribo toda esta parrafada é, porque moitas veces penso, que se os nosos dirixentes fixeran o mesmo... poderían deixar a un lado todos os seus escarceos políticos e poñerse a ler tantas opinións, experiencias, reflexións, desacougos, debates dos que estamos a pé de obra, para poñerse a falar dun verdadeiro pacto pola educación. No Nadal de fai dous anos,  escribín unha carta os Reis Magos na que lles pedía algo parecido ó que acabades de ler, pero non me trouxeron os agasaios que pedín e máis penso que cumprín coas miñas obrigas...


jueves, 16 de febrero de 2017

DOUS PROFESORES DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS VEÑEN Ó NOSO CENTRO


Este mércores día 15 , estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría,  e Iván Couceiro,  para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar: 

- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

Amosáronnos con imaxes algunhas das grandes construccións que requiren obras de enxeñaría.
- Portos loxísticos
- O canal de Panamá
- A Ponte de Rande
- Liñas de alta velocidade
- Metros lixeiros ou trens de superficie que son habituais en cidades non moi poboadas
- Presas para abastecernos, xerar electricidade e algunhas para evitar inundacións
- Parques eólicos no mar con maiores rendementos enerxéticos
- Plantas de xeración solar
- Depuradoras ou plantas de saneamento de residuos 
- Porto exterior da Punta Langosteira
- Centro de control de tráfico da DGT

Como dato curioso, tamén nos deron a coñecer que a Escola de Enxeñaría ten unha ONG ( Enxeñeiros sen fronteiras)  para suministro de auga e recollida de augas negras ( residuais ) en países menos desenvolvidos.

Fixeron fincapé en que un enxeñeiro,  non é so o profesional que visita as obras para ver como se van construindo, senón que ten que ter outras competencias profesionais, de suma importancia para a súa labor como o deseño do proxecto, o cálculo de estructuras mediante o ordenador e a xestión da posta en práctica dos devanditos proxectos.

A Escola de Enxeñaría conta cun laboratorio para facer ensaios e prácticas. Algún destes experimentos son:
- Asfaltos
- Cachos de diques
- Túnel de vento para o deseño de diques

Como dato de interese, indicaron que tanto as Matemáticas como a Física son materias fundamentales nestes graos e que o Debuxo Técnico, aínda que é necesario ter uns coñecementos básicos, tampouco hai que ser un experto.

Penso que foi bastante orientativo para o alumnado.Vimo un video,  no cal se recollían opinións de alumnos que están e estiveron a cursar estos graos. Transmitiuse como idea xeral, que non é unha titulación tan complexa como en principio podemos pensar, por suposto que hai que estudar,  pero que iso non impide ter tempos de ocio e socialización. Puxeron como exemplo que alumnos que accederon con uhas notas de acceso moi altas, non se adaptaron e deixaron os estudos sen rematar e sen embargo outros estudantes con notas máis humildes puideron rematala, ano a ano. 

Persoalmente, gustoume moito que insistisen en que tiñan que escoller un grao que realmente lles gustase e motivase porque esa formación iba a ser algo que  terían que desempeñar ó longo de toda unha vida laboral e que iso significaba moito tempo nas nosas vidas, por non dicir toda unha vida. Xa vedes, esto ten que ver co que facemos as orientadoras e orientadores, cando facemos labores de orientación vocacional, con preguntas tipo:  qué che gusta, qué che apasiona, con qué disfrutas...

jueves, 9 de febrero de 2017

 O BÁSICO DA FORMACIÓN OCUPACIONAL 

Este post pretende ser un KIT de supervivencia co más básico, para os orientadores que non desempeñamos a nosa labor profesional,  nun centro integrado de formación profesional

Se temos alumnos con grave risco de abandono escolar intentamos buscar todas as alternativas que temos ó noso alcance. Unha posible opción e o Plan AFD. Son cursos de acción formativa para desempregados. Estos cursos corresponden con 3 niveis de cualificación profesional. Nesta táboa aparece a súa correspondencia coa formación regrada.


Nivel 1                           
Formación Profesional Básica
Nivel 2
Ciclos Formativos de Grao Medio
Nivel 3 
Ciclos Formativos de Grao Superior


1. Qué cursos nos interesan? Lóxicamente os de nivel 1 porque podemos derivar ó alumnado que non ten o título da Educación Secundaria e ten os 16 anos cumpridos. Nesta outra táboa aparecen a relación destes cursos de nivel 1 organizados por familias profesionais.


2. Como fago para atopar estes cursos? Primeiro teño que ir á página de emprego da Xunta e buscar o ficheiro de especialidades formativasaparecerá unha pantalla coma esta: 

http://emprego.ceei.xunta.gal/listaxe-de-especialidades-formativas


Tal e como se indica nesta captura de pantalla, podes ver dun éxito rápido, os cursos do Plan AFD, o nivel de cualificación e a que familia de formación profesional que lles corresponden.

Donde se fan estes cursos? Unha vez que sabes cales son todos os cursos que pode facer o noso alumnado sin o título da ESO, o seguinte será ver que oferta hai na nosa contorna. Para eso hai que buscar a programación anual para cada provincia, e dentro de cada provincia por concello. Como podedes comprobar a oferta deste ano, ainda está por sair.



Tamén interesa saber, que módulos dos ciclos formativos de grao medio estarían exentos de facer,  unha vez rematados estes cursos do Plan AFD. Para isto, o mellor é velo cun exemplo: 

Poñamos por caso que un alumno cursou dentro do Plan AFD un curso de Servizos auxiliares de Perruquería e quere facer un Ciclo de Formación Básica de Peiteado e Estética. 

4. Como fago para ver as equivalencias entre os dous? Primeiro teño que ver cales son as  unidades de competencia que van asociadas co curso do Plan AFD ( eu chámolle de Formación Ocupacional ) que aparecen neste cadro.


Despois é cando accedo á páxina de FP da Xunta donde aparecen os folletos informativos dos ciclos ( eses que tamén temos en formato papel nos departamentos ) que no caso que nos ocupa é este

Agora,  se comparades estas dúas últimas ilustracións, podedes ver que as unidades de competencia son as mesmas, tanto na ficha de certificado de profesionalidad do curso de Formación Ocupacional ( Serivizos auxiliares de peluquería ) como no folleto informativo da Xunta do Ciclo Básico de Peiteado e Estética. 

UNIDADES DE COMPETENCIA                          
MODULOS VALIDADOS
UC0058
MP 3060
UC0059
MP 3064
UC0060
MP 3065


Todo o explicado seguiría o mesmo procedimento para saber as correspondencias entre os ciclos de grao medio e os cursos do Plan AFD de nivel de cualificación 2.