jueves, 30 de marzo de 2017

E DESPOIS DUNHA LONGA ESPERA... XA PODEMOS CONTAR QUE É A ABAU (AVALIACIÓN DO BACHARELATO E ACCESO Á UNIVERSIDADE )


Hoxe mesmo estivo con nós, Pedro Armas, presidente da Comisión Interuniversitaria Galega ( CIUG ). Esta comisión ten,  entre os seus cometidos, organizar e deseñar as probas de acceso á universidade. 

Aínda que finalmente esta proba ( máis coñecida no seu día como reválida) non é condición para acadar o título de bacharelato, a implantación da LOMCE nesta etapa, supón unha serie de cambios, en relación as probas PAU ( selectividade ) de antes.

Antes de meterse de cheo a explicar a estructura e organización da ABAU, Pedro Armas, fixo fincape na garantía do anonimato das materias do examen, xa que non figura o nome do alumno no momento da realización e corrección, senón que vai asociado a un código. 

Tamén indicou, que case con total probabilidade, as probas extraordinarias de setembro se adiantarían a xuño para o alumnado de 2º Bacharelato, a partires do curso vindeiro.

Esta e a presentación pola que se guiou o relator para aclarar, como queda todo o relativo a ABAU, despois de tantas reviravoltas que CIUG, Consellería de Educación e representantes da Universidade lle deron a estas probas.



Con todo quedan algúns flecos pendentes de regular, e que no caso do noso centro a relevancia é a destacar:

1º Xa comentei nunha entrada anterior, que o noso IES é de referencia por ser un centro Plurilingüe en Francés e a maiores por ter implantado o Bachibac ( bachillerato no sistema educativo español e francés ), sendo o único na nosa Comunidade Autónoma con esta dobre titulación. É indiscutible que este alumnado ten competencias lingüísticas destacadas neste idioma, razón pola cal era unha materia da súa escolla, na fase obrigatoria, a pesares de ser cursada como segunda lingua estranxeira. Na orde que regula as probas para este curso, indica que ten que ser obrigatoriamente a PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA. En palabras de Pedro Armas indícase que probablemente esta situación cambiará, para poder arranxar esta casuística pola cal moitos alumnos do noso territorio galego, poderían verse afectados.

2º Tampouco se regula algo establecido polo governo central na disposición transitoria dunha orde do 22 de Decembro, segundo o cal un alumno repetidor que estivese a cursar materias do currículo LOE, estaría exento de presentarse a fase xeral destas probas e teríaselle en conta a súa media do bacharelato, para o acceso á universidade. En calquer caso, o alumnado no noso centro que se atopa nesta situación e case me atrevería a dicir o de todos centros de Galicia, están repetindo co currículo LOMCE. Este colectivo de alumnos, segundo información facilitada por Pedro Armas, non terían que presentarse a devandita parte da fase xeral e o que é máis, solicitaría praza nos distintos graos, con igual concorrencia competitiva cos demáis, sendo este proceso diferente noutras comunidades autónomas, xa que serían aspirantes a prazas despois de asignarlle praza o alumnado que non está a repetir e ten superada a ABAU.

Ligazón á normativa ABAU
Parámetros de ponderación
Ligazón ó Nerta
Calendario ABAU e outras datas de acceso á Universidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...