lunes, 2 de enero de 2017

 MANNEQUIN CHALLENGE CON VALOR EDUCATIVO


Aproveitando o tirón que os mannequins challenges están a ter na nosa sociedade e por ende o noso alumnado, propúxenlles,  a un grupo de 1º de ESO que está a cursar a materia de valores éticos, que fixéramos como producto final unha gravación de este estilo. A actividade foi moi ben acollida e a producción de ideas foi fantástica. 

Son un total de dezaoito alumnos. Ides ver como se puxo de manifesto a intelixencia colaborativa. O primeiro que lles dixen foi, que tiñamos que representar algo que tivese que ver coa materia que nos ocupa. Dende o primeiro día de clase, todos eles saben, que todo o que traballamos ten que ver cos valores que se proclaman como universais. Enseguida, alguén dixo, que podíamos facer unha perfomance sobre os " refuxiados ". Todo encaixaba moi ben e ademáis tamén se enmarcaba dentro do proxecto, que se está a traballar no centro de xeito interdisciplinar, que leva como título "HUMANO". 


Despois, formos repartindo distintos roles e o material que tiñamos que traer entre todos, para vestir e darlle ambiente as imaxes petrificadas que se iban representar: 
  • Un periodista coa súa cámara fotográfica
  • Os refuxiados que chegan enfermos e deshidratados
  • Os refuxiados que perden a súa vida no intento de atravesar o océano
  • Os refuxiados lisiados con muletas
  • Os nenos famentos
  • Personal das ONGs repartindo auga e alimentos
  • Un refuxiado pedindo auxilio cun cartel SOS
O último que nos quedaba por maquinar era,  donde o podíamos facer,  porque nunha aula non nos parecía o escenario máis axeitado. Así que decidimos, que se o ximnasio non estaba ocupado, sería o mellor sitio para facelo,  por aquilo de que cando os inmigrantes están recén chegados, permanencen en recintos amplos, como os pavillóns. 

Velaquí o video

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada