jueves, 11 de febrero de 2016

Probas de Acceso a Ciclos de Formación Profesional 2016


A) Ciclos de Grao Medio     

-Requisitos: Ter cumpridos 17 anos ou cumplilos no ano natural da realización da proba.
-Prazo de inscripción: Do 4 ao 15 de Abril, ámbolos dous incluídos
-Lugares de presentación de solicitude : A solicitude entregarase en calquer centro educativo que imparta ciclos formativos

-Estructura da proba:
       Parte sociolingüística:
         Lingua Castelá
         Lingua Galega
         Ciencias Sociais

     Parte matemática

         Matemáticas

     Parte científico-técnica
        
         Ciencias da Natureza
         Tecnoloxía

-Data e horario da realización da proba: 25 de Maio
       Ás 9:00 horas: presentación
       Das 10:00 ás 13:00 horas: parte matemática e parte sociolingüística
       Das 16:00 ás 18:00 horas: parte científico-técnica.

-Publicación das cualificacións provisionais: 7 de Xuño
-Publicación das cualificacións definitivas: 23 de Xuño


-Cualificacións das probas:A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. Para quen non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias durante un máximo de dous anos.

b) Ciclos de Grao Superior


Novidade importante: As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional quedarán exentos de presentarse a proba e poderán acceder a un ciclo de grao superior. Así aparece na páxina de FP da xunta.


-Requisitos: Ter cumpridos 19 anos ou cumplilos no ano natural da realización da proba. 

-Prazo de inscripción: Do 15 ao 26 de Febreiro, ámbolos dous incluídos
-Lugares de presentación de solicitude : A solicitude entregarase en calquer centro educativo que imparta ciclos formativos
-Estructura da proba:

Parte común:


         Lingua Castelá
         Lingua Galega
         Matemáticas

Parte específica:

Opción A: Economía da empresa, Lingua Estranxeira ( Inglés ou Francés) e Filosofía e cidadanía. ( Escoller dúas )

Opción B:  Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física. 
( Escoller dúas )

Opción C:  Ciencias da T. e ambientais, Química e Bioloxía.
 ( Escoller dúas )
         
Data e horario da realización da proba: 20 de Abril

-Ás 9:00 horas: presentación
-Das 10:15 ás 13:30 horas: parte común 
-Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica

-Publicación das cualificacións provisionais: 9 de Maio
-Publicación das cualificacións definitivas: 27 de Maio

-Cualificacións das probas:A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior.Para quen non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias durante un máximo de dous anos.
Ligazóns:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...