viernes, 23 de octubre de 2015

Neste video, Vicenç Rul.lan, membro da Asociación sobre Prácticas Restaurativas  e asesor  no Departamento da Consellería de Educación Balear sobre resolución de conflitos , contános como por casualidade descubriu as Práticas Restaurativas. Cando el desempeñaba a función de coordinador dos servizos de mediación, na comunidade de Baleares, escoitou falar sobre a resolución de conflitos en círculos restaurativos, abrindo as posibilidades en canto a participación de máis persoas que se ven afectadas por unha mesma situación problemática. A mediación é un proceso no que só poden participar dúas partes en conflito pero os círculos restaurativos esténdense a calquer grupo social. Viaxou a Suíza para formarse con Dominic Barter para ser facilitador dos mesmos e desde entón seguiu lendo e interesándose polas investigaciones e literatura sobre o tema. Destaca a participación nun programa europeo comenius ( 2011-2013 ) coa cidade de Hull do Reino Unido servíndolle para promover as Práticas Restaurativas como un proxecto comunitario no cal participaron profesores, educadores sociais e policía en Palma de Mallorca. Coméntanos que a policía estaba moi entusiasmada polo enorme potencial que ten esta ferramenta pero o cambio de goberno acontecido foi unha das causas de que non se lle dese a continuidade e a promoción que necesitaría para unha mellor consolidación, a pesar de estar en favor inicialmente.