viernes, 14 de febrero de 2014

jueves, 13 de febrero de 2014

PROBAS DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS EN GALICIA NO 2014


A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos no 2014, nas convocatorias de maio e setembro. 


 Pincha na imaxe para acceder a toda a información

Se pinchas na imaxe accedes a información


DATAS PARA A MATRÍCULA:

- Convocatoria de maio:  Do 24 de marzo  ao 4 abril de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: Do 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.


DATAS DOS EXAMES:

- Convocatoria de maio: 31 de maio.
- Convocatoria de setembro: 12 de setembro.
En sesión de mañá e tarde.
 
REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA: 

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008). 

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

LUGARES PARA A MATRÍCULARSE NA CIDADE DA CORUÑA 

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Eduardo

Pondal, rúa Pepín Rivero, 3.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rafael Dieste, prol.
Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro.


ENLACE CON MATERIAIS PARA PREPARAR A PROBA:



PODES DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES: